xoves, 26 de xuño de 2025

RadioClic! - WEB PROXECTO - Contar & Cantar!

Nesta web, atoparedes todos os pasos e microproxectos levados a cabo este curso na Radio na Biblio do noso instituto: botádelle unha ollada!




PASOS - Proxecto " Contar & Cantar!"

Neste vídeo, poderedes apreciar os pasos que tivo que seguir o alumnado do noso centro para a realización do proxecto deste curso.




martes, 24 de xuño de 2025

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2025 - Colaboración USC & CM Modular

Que mellor forma de pechar o proxecto de RadioClic! deste curso que ésta: despedíndonos das cantareiras homenaxeadas este ano!


Este vídeo foi realizado polo Día das Letras Galegas deste ano baixo a batuta de Roberto Carballada. É o fruto da colaboración entre o alumnado de 3º da Facultade de Comunicación Audiovisual da USC (na materia de Dirección de Fotografía & Iluminación) e o alumnado de CM Modular do noso instituto.




Rotkäppchen, é dicir, Carapuchiña Vermella

Dirixido pola profesora Susana da Conceição, o alumnado de ESO 3º de Alemán estudou o conto da Carapuchiña Vermella dos irmáns Grimm e traduciuno para nós.

Despois, a profesora creou a música con intelixencia artificial e o alumnado gravou o podcast baixo a batuta da profesora María José Nieto.

Finalmente, un alumno do grupo, Jun, editou o podcast baixo a supervisión das dúas docentes.




venres, 20 de xuño de 2025

Reinventando o traxe tradicional do país

Guiado pola profesora Natalia Val, o alumnado de 2º BAC de Deseño reinterpretou o traxe rexional galego e adaptouno á moda actual.




ENTREVISTA - Natalia Val

A profesora María José Nieto, responsábel de RadioClic!, entrevista a profesora Natalia Val para que nos conte como se desenvolveu o proxecto dos traxes tradicionais do país e a súa adaptación á moda actual.