O 4 de abril, o coordinador da Unidade Técnica de Toponimia da RAG, Vicente Feijoo, impartiu unha conferencia sobre o proxecto Galicia Nomeada. Feijoo tamén foi entrevistado polo alumnado de TIC de bac 1º.
Esta actividade, capitaneada pola profesora Eva Conde e mais pola coordinadora de RadioClic!, a profesora María José Nieto, foi organizada polos equipos da biblioteca e de dinamización da lingua, así como polos departamentos de Lingua galega e literatura e de Sistemas e aplicacións informáticas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario